Versión en Castellano English version


AVELAÍÑA

Este grupo Galego, formado polos membros que a continuación se detallan, foi seleccionado polo INJUVE 2006 no seu apartado de Música Folk Nacional, formou parte da representación de Galicia na Feira Internacional MIDEM´2007, participou na programación cultural do Xacobeo 2007 e 2009, das Redes Culturaís das Diputacións de Portevedra e A Coruña, do AGADIC 2008, foi finalista no Concurso Folk Internacional de Navelgas 2008, ten actuado en festas tan nomeadas como a Feira da Istoria de Ribadavía, a Feira Franca de Pontevedra ou a Festa da Raia en Sanxenxo, ofrecendo concertos en Galiza, Asturias, Euskadi, Cantabría...

CICLO

O espazo do ano no que nos atopemos da lugar a distintas actitudes nos pobos. Viviranse situacións diferentes segundo a estación, o mes no que cheguen a Galicia. Actitudes, sentimentos, situacións e costumes que van dende a alegría e a festa nos meses do verán ata o recollemento no mes de defuntos e no inverno, pasando pola tristura e a reflexión do outono ou o renacer que todos podemos sentir coa primavera.

Avelaíña recolle toda esta variedade nas pezas do seu 4º disco titulado CICLO. Un CD conceptual que pretende ser o eixo central dunha proposta escénica chamada O CICLO DO CAMIÑO e na que o grupo quere dar a coñecer a súa música acompañándoa de proxeccións, narracións eefectos de son e luz.

TRADITIUM

Avelaíña presentou en 2008 o seu 3º CD, titulado Traditium. Este traballo discográfico, publicado en Nadal de 2008 está formado por un total de 10 pezas vocais e instrumentais, onde se mixturan melodías de autor con outras tradicionais e onde, máis que nunca, o gruo aúna tradiciòn e modernidade na súa música.

Traditium é un paso adiante na carreira deste grupo. Seguindo o camiño iniciado por Xan e Sabela, seu segundo disco, esta nova proposta segue a ser unha viaxe entre as antiguas melodías de Galiza e percusión Áfricanas e os novos arranxos e instrumentacións da música actual.

XAN E SABELA

En 2006 Falcatruada edita o novo traballo de Avelaíña. Unha proposta con 14 pezas que seguen un mesmo fio conductor: a historia de Xan e Sabela, unha parella galega que vivíu durante os derradeiros anos do século XIX A súa relación dase a coñecer a través das letras de 8 cancións que vense intercaladas por 6 pezas instrumentais.

Tódalas composicións están unidas por ambentes, sen espacios de silenzo. A instrumentación neste CD é moi equilibrada, mixturándose instrumentos electrónicos con outros eléctricos e cós instrumentos acústicos propios da música Folc. Séguese a apostar por métricas pouco comúns que “desperten” o oído do que está a escoitar.

PROXECTO

O grupo escomenza en 2001 traballando nunha serie de temas que dan como resultado a gravación dun CD titulado Proxectom composto por 10 cantigas baseadas na tradición cultural galega.

Os temas deste disco céntranse na tradicion, tanto nas letras como na música, pero sen deixar de investigar con novos arranxos e instrumentacións, mixturando sons e introducindo métricas pouco usuais no noso folclore. Neste traballo destaca a participación nas fráutas e gaitas de Guillerme Ignacio e no acordeón de Roi Maceda, músicos do grupo Quempallou.

A FCRMACIÓN

Mª Xosé R. Rosales > Voz e pandeireta
Alberto Miranda > Gaita e Frauta
Antón Villanueva > Guitarra e Bouzuki
Carlos Orcajo > Baixo
Harry Price > Violino
Miguel González > Batería